Montamos unha pequena exposición cos cogomelos recollidos nos terreos do IES, este ano tivemos que esperar case ata finais de novembro para que se animaran a fructificar.
26 nov 2011
XII Xornadas Micolóxicas Sanxenxo, Cultivo de Cogomelos
"Obradoiro sobre o cultivo de cogomelos" por Manuel Domínguez Rey, educador medioambiental da empresa Ventos
Asistimos primeiro a unha conferencia e a continuación seguimos cun obradoiro de cultivo de cogomelos
Asistimos primeiro a unha conferencia e a continuación seguimos cun obradoiro de cultivo de cogomelos
Tivemos que remangarnos e poñer mans a obra. Déronnos unha tina, virutas de madeira prensada e...
XII Xornadas Micolóxicas Sanxenxo. Cogomelos comparados
O segundo día das XII Xornadas Micolóxicas de Sanxenxo.foi a cargo de Ramón Carlos Encisa Fraga vicepresidente da agrupación micolóxica "A Cantarela". Falou sobre: Cogomelos comparados: comestibles e velenosos"
Con que outros cogomelos podemos confundir os níscalos
Os níscalos ou Lactarius deliciosus pódese confundir co Lactarius chysorrheus xa que teñen o sombreiro moi parecido. O chysorrheus ten o pé branco e ao cortalo solta leite branco mentres que os níscalos rezuman leite laranxa ao corte
A identificación correcta dun cogomelo pode salvar a túa vida
Coas inclemencias do tempo os cogomelos
defórmanse, decolóranse e, é moi difícil a súa identificación mediante súa cor, forma, ou tamaño polo que hai que fixarse en moitas
outras características, como por exemplo: onde habitan, en que época do ano soen
aparecer, a cor das esporas, o tipo de anel, volva, etc. As cales debemos coñecer moi ben para poder identificalos.
Un só exemplar da amanita faloides pode matar a un individuo adulto e totalmente san. Se se trata de nenos, anciáns ou persoas enfermas a cantidade necesaria é simplemente un anaquiño.
16 nov 2011
XII Xornadas Micolóxicas Sanxenxo. Introdución a micoloxía. Setas comestibles.
15 nov 2011
Novas Xornadas Micolóxicas en Sanxenxo
Hoxe comezan as xornadas micolóxicas de Sanxenxo.
Martes 15 de novembro 2011 as 20:00
"Introdución a micoloxía. Setas comestibles" por Carlos Álvarez Puga, presidente da agrupación micolóxica "A Cantarela"
Mércores 16 de novembro as 20:00
"Cogomelos comparados: comestibles e velenosos" por Ramón Carlos Encisa Fraga vicepresidente da agrupación micolóxica "A Cantarela"
Xoves 17 de novembro as 19:30
"Obradoiro sobre o cultivo de cogomelos" por Manuel Domínguez Rey, educador medioambiental da empresa Ventos
Venres 18 de novembro as 20:00
Obradoiro de cociña interactiva: "Conservación e cociña de cogomelos"
Concurso de cociña
Sábado 19 de novembro de 09:00 a 13:00
Saída guiada polos micólogos da asociación "A Cantarela" para recoñecer cogomelos no campo

Suscribirse a:
Entradas (Atom)