23 dic 2011

Papá Noel e a Amanita muscaria

Papá Noel é una mestura de distintos personaxes que se converxen no que coñecemos hoxe en día.

Seguramente a maioría coñecedes a historia de San Nicolas de orixe grego que viviu nos séculos III e IV e chegou a ser bispo no que hoxe é Turquía. Naceu nunha familia acomodada e sobreviviu a unha epidemia na que morreron os seus pais. Isto cambiou por completo a súa vida e, a partires dese momento  centrouse en axudar aos pobres, enfermos e as persoas que sufrian en xeral. Grazas a súa xenerosidade pronto acadou sona de persoa bondadosa e doador de agasallos. A tradición de deixar os calcetíns colgados da cheminea toda a noite para que Papá Noel os enchera de regalos parece que tamén procede de San Nicolas, era normal deixar os calcetíns secando diante da cheminea, San Nicolas lanzou ouro a través dunha ventá para axudar a unha familia e por casualidade caeu nos calcetíns.

 No século XVII a tradición de San Nicolás cruzou o charco de man dos holandeses que se estableceron na cidade que hoxe é New York, eles tiñan a celebración de Sinterklaas cada 5 de xaneiro, este mito era unha mestura de San Nicolás e dunha figura pagana relacionada co deus Odín. En América o nome evolucionou ata converterse en Santa Claus.


 Pero a tradición que case ninguén coñece é a que procede de Finlandia, das terras laponas,o pobo Sami de Laponia, unha das máis vellas culturas indíxenas do mundo.  Parece ser que aos renos lles gusta comer Amanitas muscarias e os lapóns tamén o facían pero, para asegurarse que a droga non lles faría outro tipo de danos non desexados deixaban que os renos procesaran primeiro os tóxicos a traveso do seu corpo e despois bebían o seu mexo, deste xeito aseguraban a dose que inxerían e o efecto alucinóxeno que perseguían. Cando bebían os ouriños alucinaban e crían que voaban. Según o Dr Edwards de aí procede a tradición de que Papa Noel ía voando nun trineo tirado por renos.

Feliz Nadal

Esto é o que veían os lapóns despois de tomar Amanita muscaria je,je!





7 dic 2011

Reunión gastronómica do grupo de traballo

Este curso aínda non saímos en grupo a buscar cogomelos. Tiñamos pendente unha comida para a entrega de diplomas do curso pasado e, organizamos unha hoxe. Varios dos integrantes do grupo non puideron asistir polo que pospoñemos a entrega de diplomas para outro momento.
Grazas aos cociñeiros estaba todo delicioso!

               


3 dic 2011

Phallus impudicus

Foto do blog elhogarnatural.com
Este cogomelo non é moi querido habitualmente. Tal vez, o feito de que apareza nos xardíns de persoas as que lles amola a súa presenza e o seu odor teña algo que ver. 
Unha neta de Charles Darwin, Etty, desprezaba tanto aos Phallus impudicus que todas as mañáns se disfrazaba cunha especie de armadura caza phallus. O disfraz consistía nunha capa de caza, unhas luvas e un pau acabado en punta ,Asi ataviada e cun cesto na man saía todas as mañáns tentando localizar o cogomelo polo seu característico cheiro nauseabundo.  Entón o pinchaba coa súa lanza artesanal e o levaba a casa onde no máis estricto segredo os queimaba na cheminea para evitar esa visión impúdica as doncelas da súa casa.



26 nov 2011

Amanita muscaria no insti

Comezamos a identificar, sinalar e rotular os cogomelos que cada ano crecen no instituto. A seguinte foto fíxose o día 23 de novembro. No transcurso do outono pasado xa puidemos observar estes cogomelos na mesma zona.



A seguinte foi tomada o 24 de novembro, xoves e, nela pódese apreciar unha segunda Amanita muscaria nacendo por detras en segundo plano

Exposición de cogomelos no IES de Vilalonga

Montamos unha pequena exposición cos cogomelos recollidos nos terreos do IES, este ano tivemos que esperar case ata finais de novembro para que se animaran a fructificar.