10 nov 2010

O cogomelo nazi

O Coprinus comatus é un cogomelo moi apreciado polo delicado do seu sabor, o seu consumo debe ser inmediato xa que ás poucas horas da súa recollida deteriorase e acaba convertido en tinta.
Ë coñecido tamén como cogomelo nazi xa que na segunda guerra mundial os nazis mesturaban tinta normal coa tinta do Coprinus comatus para elaborar as súas mensaxes secretas. Así os destinatarios podian saber se o bando enemigo interceptara a misiva e lles enviaba unha mensaxe falsa, só tiñan que buscar entre liñas restos de esporas.

8 nov 2010

Peciza laranxa

ALEURIA AURANTIA

Outros nomes
peciza laranxa, peciza aurantia
Corpo frutifero
diámetro 3-9 cm. altura 2-4, alaranxado
Carne
vermella ou laranxa
Cheiro
suave
Sabor
pouco
Hábitat
prados e beiras dos camiños
Consumo
bo incluso en crú

Xornadas micolóxicas en Vilagarcía

Onte comezaron as xornadas micolóxicas en Vilagarcía, as actividades desenvolvense no auditorio ao lado dos cines. A exposición das especies recollidas é bastante grande, hai unha grande variedade de a,amanitas, pódense ver tamén as fotografias participantes nun concurso relacionado co tema dos cogomelos e unha colección de carteis. Haberá conferencias todos os dias as oito da tarde e na clausura o domingo 14 haberá degustación.

6 nov 2010

Xornadas micolóxicas en Sanxenxo

Hoxe remataron as xornadas micolóxicas de Sanxenxo cunha saída de campo e unha exposición de todo o material recollido.
Fernando de la Peña Paz foi o encargado da clasificación dos cogomelos, sorprende a gran sabiduría deste home naturalista en contraste coa súa humildade. Disfrutei moito coas suas ensinanzas.

O venres pola noite foi o concurso de receitas elaboradas con cogomelos, estaba todo boísimo