16 mar 2011

9 mar 2011

Clasificación

Os científicos utilizan o nome do xénero e da especie para designar aos seres vivos dende o século XVIII. Esta nomenclatura foi creada polo naturalista sueco Carl von Linneo. Os dous nomes deben estar escritos en latín e en cursivas e, esta nomenclatura é coñecida como “nome científico”.
Clasificación dos fungos en basidiomicetos e ascomicetos
Os basidiomicetos son fungos cuxas esporas se producen en basidios (receptáculos de esporas en forma de maza), normalmente cada basidio ten 4 esporas pero tamén poden ter 2, 4 ou 6
As esporas dos ascomicetos prodúcense en ascas, que teñen forma cilíndrica ou esférica ademais o normal son 8 esporas por asca pero tamén poden aparecer en número de 2, 4, 16, 32… esporas (potencias de 2)

Nos basodiomicetos podemos encontrar as amanitas, as agaricales, as lepiotas …
Nos ascomicetos podemos atopar: as morchelas, helvellas, pezizas, caloceras