26 nov 2011

Amanita muscaria no insti

Comezamos a identificar, sinalar e rotular os cogomelos que cada ano crecen no instituto. A seguinte foto fíxose o día 23 de novembro. No transcurso do outono pasado xa puidemos observar estes cogomelos na mesma zona.



A seguinte foi tomada o 24 de novembro, xoves e, nela pódese apreciar unha segunda Amanita muscaria nacendo por detras en segundo plano

Exposición de cogomelos no IES de Vilalonga

Montamos unha pequena exposición cos cogomelos recollidos nos terreos do IES, este ano tivemos que esperar case ata finais de novembro para que se animaran a fructificar.












XII Xornadas Micolóxicas Sanxenxo, Cultivo de Cogomelos

"Obradoiro sobre o cultivo de cogomelos" por Manuel Domínguez Rey, educador medioambiental da empresa Ventos
Asistimos primeiro a unha conferencia e a continuación seguimos cun obradoiro de cultivo de cogomelos













Tivemos que remangarnos e poñer mans a obra. Déronnos unha tina, virutas de madeira prensada e...

XII Xornadas Micolóxicas Sanxenxo. Cogomelos comparados


O segundo día das XII Xornadas Micolóxicas de Sanxenxo.foi a cargo de   Ramón Carlos Encisa Fraga vicepresidente da agrupación micolóxica "A Cantarela". Falou sobre: Cogomelos comparados: comestibles e velenosos"


Con que outros cogomelos podemos confundir os níscalos

Os níscalos ou Lactarius deliciosus pódese confundir co Lactarius chysorrheus xa que teñen o sombreiro moi parecido. O chysorrheus ten o pé branco e ao cortalo solta leite branco mentres que os níscalos rezuman leite laranxa ao corte

Benvidos

A identificación correcta dun cogomelo pode salvar a túa vida


Coas inclemencias do tempo os cogomelos defórmanse, decolóranse e, é moi difícil a súa identificación mediante súa cor, forma, ou tamaño polo que hai que fixarse en moitas outras características, como por exemplo: onde habitan, en que época do ano soen aparecer, a cor das esporas, o tipo de anel, volva, etc. As cales debemos coñecer moi ben para poder identificalos.
Un só exemplar da amanita faloides pode matar a un individuo adulto e totalmente san. Se se trata de nenos, anciáns ou persoas enfermas a cantidade necesaria é simplemente un anaquiño.



16 nov 2011

15 nov 2011

Novas Xornadas Micolóxicas en Sanxenxo

Hoxe comezan as xornadas micolóxicas de Sanxenxo.

Martes 15 de novembro 2011 as 20:00
"Introdución a micoloxía. Setas comestibles" por Carlos Álvarez Puga, presidente da agrupación micolóxica "A Cantarela"

Mércores 16 de novembro as 20:00
"Cogomelos comparados: comestibles e velenosos" por Ramón Carlos Encisa Fraga vicepresidente da agrupación micolóxica "A Cantarela"

Xoves 17 de novembro as 19:30
"Obradoiro sobre o cultivo de cogomelos" por Manuel Domínguez Rey, educador medioambiental da empresa Ventos

Venres 18 de novembro as 20:00
Obradoiro de cociña interactiva: "Conservación e cociña de cogomelos"
Concurso de cociña

Sábado 19 de novembro de 09:00 a 13:00
Saída guiada polos micólogos da asociación "A Cantarela" para recoñecer cogomelos no campo