Asistimos primeiro a unha conferencia e a continuación seguimos cun obradoiro de cultivo de cogomelos
Tivemos que remangarnos e poñer mans a obra. Déronnos unha tina, virutas de madeira prensada e...
...un pouco de auga para desfacela. A operación levounos un bo rato. Xa co serrín desfeito engadimos o himenio que estaba gardado cuns grans de arroz e gardámolo todo nunha bolsa grande de plástico. Fixémoslle uns buraquiños pequenos todo arredor e algúns un pouco máis grandiños por onde esperamos que aparezan os cogomelos.
Os primeiros 15 dias a bolsa debe permanecer case en penumbra, cunha temperatura estable non excesivamente fria e temos que botarlle auga pulverizada cada día. Unha vez pasado este periodo crítico, xa non é tan importante o da penumbra.
Colgarei as fotos da evolución do cultivo en canto se desenvolvan os cogomelos
 
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario